Amosando publicacións coa etiqueta ESCRITORES b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ESCRITORES b>. Amosar todas as publicacións
luns, 5 de xuño de 2017
domingo, 4 de xuño de 2017
Comentarios Encontro María López Sández
ENCONTRO LITERARIO CON MARÍA LÓPEZ SÁNDEZ
Foi
presentada por dous compañeiros que nomearon os diferentes premios que
gañou,e comentaron a súa vida profesional. Logo, contounos todo o
proceso da creación do libro, a visita a un faro como inspiración para a
novela e demais curiosidades.
Sabiades que unha parte do libro foi escrita nun avión? De aí o accidente aéreo de Catalina na historia.
Finalmente, procedeu a asinarnos a novela con fermosas dedicatorias.
Espero poder vela outra vez. Para min é unha muller inspiradora para futuros escritores e moi agradable.
Ariadna Fieira Boquete, 2º ESO A
Tamén
nos contou como se inspira para escribir os seus libros. Sempre leva un
caderno pequeno onde fai anotacións e redacta algúns capítulos. Isto
tamén o fai a ordenador. Un dos lugares onde a súa imaxinación flúe é o
coche. Segundo ella, ás veces, cando estaba conducindo, tivera que
aparcar o coche para poder anotar as súas ideas.
Ademais, tivemos ocasión de ver o caderno e, efectivamente, moreas de datos e capítulos do libro.
Unha das características como escritora é o seu gusto por detallar o espazo da historia, para que os lectores se embarquen nela.
Lucía Santiso Cardama, 2º ESO A
A charla que nos deu María López Sández, autora do libro O faro escuro,
pareceume moi interesante porque nos deu a coñecer de onde sacou a
inspiración para escribir este libro. Explicounos que se inspirou nunha
acuarela dunha fareira, que escribira a primeira parte da novela cando
viña de volta de Alemaña, que anotara unha gran parte do argumento nun
caderniño que leva sempre consigo...
Normalmente,
os lectores e lectoras non sabemos esta parte: de onde sacan a
inspiración para escribiren; por iso me pareceu moi pouco corrente e á
vez interesante que nolo contase.
Samuel Villaverde Rey, 2º ESO B
sábado, 1 de abril de 2017
domingo, 5 de febreiro de 2017
Alumnas de 2º ESO recomendan a lectura de...
TRISTES ARMAS
UNHA ESTRELA NO VENTO
DRAGAL I: A HERDANZA DO DRAGÓN
domingo, 15 de xaneiro de 2017
mércores, 26 de outubro de 2016
martes, 28 de xuño de 2016
venres, 22 de abril de 2016
sábado, 9 de abril de 2016
Charla O galego é uma oportunidade
A charla estivo organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co departamento de galego, responsable da docencia da materia de portugués no bacharelato.
Os conferenciantes falaron da vantaxe que posuimos as galegas e galegos, aínda sen sermos totalmente conscientes, por sabermos dúas linguas de proxección muldial: o galego, coñecido internacionalmente como portugués, e o castelán, coñecido internacionalmente como español. Este tesouro permítenos comunicar con máis de 250 e 400 millóns de persoas respectivamente.
Desde esa premisa, salientaron o noso papel de ponte, ao ser Galiza o lugar onde o mundo lusófono e hispanófono se unen, onde naceu a lingua coñecida internacionalmente como portugués e onde, por causa da nosa emigración, existe unha profunda relación co mundo hispano-americano que se expressa em español.
Finalmente, trataron de facer reflexionar ao auditorio sobre o feito de que, nos próximos anos, por mor do carácter emerxente da economía brasileira, ser galeg@ e saber a nosa lingua, pode tornarse unha vantaxe competitiva e o noso territorio pode pasar a ser un lugar privilexiado do mundo.
José Ramón Pichel Campos é enxeñeiro informático. Creou, xestiona e desenvolve a plataforma de tradución automática de código aberto Opentrad
www.opentrad.com.
Realiza artigos sobre as relacións entre a sociedade e as tecnoloxías da información desde o ano 2000 para Bravu.net, Novas da Galiza e a revista
electrónica Omnibus, entre outras.
sábado, 12 de marzo de 2016
martes, 8 de marzo de 2016
venres, 22 de xaneiro de 2016
luns, 18 de maio de 2015
Comentarios do alumnado co gallo da visita do escritor Francisco Castro
ENCONTRO
CON FRANCISCO CASTRO
O día 16 de abril veu ao noso centro Francisco Castro, o autor da novela
que tivemos que ler no 2º trimestre. Veu explicarnos aspectos sobre o seu libro
e sobre a súa carreira en xeral. Contounos
que el soñaba as historias que escribía e que podía pasar moitos meses
escribindo un libro porque a inspiración lle viña en calquera momento. Díxonos
que o libro veu da historia orixinal de Marco Polo, un comerciante que
percorreu mundo e gañou moitas riquezas no camino. Pero ao chegar a Venecia
ninguén o cría. AFrancisco isto resultoulle desagradable e decide escribir un
libro no que Marco Pololle conta as súas aventuras a un rapaz novo que é capaz
de vivilas só con escoitalo falar.
Francisco
Castro era moi simpático, rímonos un cacho con el, sempre dicía que os
escritores constantemente teñen unha parte do cerebro “conectada” á obra que
están escribindo. A charla gustoume moito.
Daniel Villasenín Martínez, 3º ESOB
Encantoume esta visita, xa que falou de cousas serias, pero sempre cun toque
de humor e chistes moi ben feitos.
Falounos das súas ideas, os proxectos que está levando a cabo e os que
están por vir, como que cada cincuenta anos vai facer un libro de poemas.
Raúl Iglesias García, 3º ESO A
Gustoume
moito a forma de ver o seu oficio, xa que o definía como unha arte, opinión que
eu tamén comparto.
Falounos
de que está a punto de saír unha nova obra súa, pero non nos dixo nada dela,
para non desvelar o seu contido e así animarnos a lela.
Comentounos,
por último, a súa opinión contra o pirateo no mundo da literatura e pensaba que
se non se poñía solución podería influír tanto como no cine.
En
conclusión, Francisco Castro pareceume un gran amante do que fai, e pensó que
iso se reflicte nas súa obras.
Lucía Souto Vieites, 3º ESO B
Esta
charla gustoume moito, porque nunca tivera unha coma esta. Francisco Castro
pareceume un home moi agradable, divertido…
A min encántame escoitar a xente falar das súas anécdotas e el facíao ben.
Contounos de onde lle xurdiu a idea do libro, de todo o que tivo que investigar
para poder escribilo, a rabia que lle deu ao saber que a Marco Polo non lle
cresen as súas aventuras...
É
un escritor moi bo, só lin un libro del, pero non creo que sexa o último. Non
me gusta moito ler, pero O segredo de
Marco Polo encantoume.
Valeria Moreno Gallego, 3º ESO A
Outra obra da que nos falou foi Chamádeme Simbad, unha historia que se baseou nunha experiencia
real e persoal del mesmo, pois a súa nai padeceu alzhéimer, ao igual que o avó
de Paulo, o protagonista desta novela. Falounos sobre a súa obra favorita (das
que el escribiu): A xeración perdida,
que ten a súa orixe en feitos reais (tema da droga) que sucederon no mesmo
barrio onde el vivía. Dounos, ademais, a súa opinión sobre a piratería e
tivemos a oportunidade de que nos asinase un dos libros que máis me gustou: O segredo de Marco Polo.
Deséxolle moita
sorte coa novela que rematou o domingo anterior á charla e que sairá este
verán.
Juan
Luis Boado Fernández, 3º ESO B
O día 16 de abril de 2015, o escritor do libro Chamádeme Simbad, Francisco Castro,
acudiu ao salón de actos do noso instituto para falarnos da súa obra.
Contounos que
este era un dos libros que máis lle
gustaran. Falounos de que esta novela a escribiu antes de que a súa nai morrese
de alzhéimer, a enfermidade que padecía o avó de Paulo, o protagonista que o avó alcumaba como Simbad.
Tamén nos dixo
que el escribía contos e obras para comunicarse coas persoas para sempre, pois
se morre Francisco Castro, a xente que lea os seus libros, estarase comunicando
con el; así é como nolo explicou.
Ademais,
comentou que a través da súa obra en xeral denunciaba inxustizas. Díxonos que
as axudas para loitar contra o alzhéimer eran pequenas e escasas, que o diñeiro
que falta se ten usado, por exemplo, “para fichar a Cristiano Ronaldo”.
Despois
respondeunos as nosas preguntas e dedicounos o noso libro. Xa levo dous libros
asinados polos seus autores este ano!
Miguel Ángel Boado Fernández, 1º ESO B
martes, 28 de abril de 2015
luns, 13 de abril de 2015
domingo, 28 de decembro de 2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)