Amosando publicacións coa etiqueta LETRAS GALEGAS b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LETRAS GALEGAS b>. Amosar todas as publicacións
luns, 5 de xuño de 2017
domingo, 4 de xuño de 2017
Comentarios Encontro María López Sández
ENCONTRO LITERARIO CON MARÍA LÓPEZ SÁNDEZ
Foi
presentada por dous compañeiros que nomearon os diferentes premios que
gañou,e comentaron a súa vida profesional. Logo, contounos todo o
proceso da creación do libro, a visita a un faro como inspiración para a
novela e demais curiosidades.
Sabiades que unha parte do libro foi escrita nun avión? De aí o accidente aéreo de Catalina na historia.
Finalmente, procedeu a asinarnos a novela con fermosas dedicatorias.
Espero poder vela outra vez. Para min é unha muller inspiradora para futuros escritores e moi agradable.
Ariadna Fieira Boquete, 2º ESO A
Tamén
nos contou como se inspira para escribir os seus libros. Sempre leva un
caderno pequeno onde fai anotacións e redacta algúns capítulos. Isto
tamén o fai a ordenador. Un dos lugares onde a súa imaxinación flúe é o
coche. Segundo ella, ás veces, cando estaba conducindo, tivera que
aparcar o coche para poder anotar as súas ideas.
Ademais, tivemos ocasión de ver o caderno e, efectivamente, moreas de datos e capítulos do libro.
Unha das características como escritora é o seu gusto por detallar o espazo da historia, para que os lectores se embarquen nela.
Lucía Santiso Cardama, 2º ESO A
A charla que nos deu María López Sández, autora do libro O faro escuro,
pareceume moi interesante porque nos deu a coñecer de onde sacou a
inspiración para escribir este libro. Explicounos que se inspirou nunha
acuarela dunha fareira, que escribira a primeira parte da novela cando
viña de volta de Alemaña, que anotara unha gran parte do argumento nun
caderniño que leva sempre consigo...
Normalmente,
os lectores e lectoras non sabemos esta parte: de onde sacan a
inspiración para escribiren; por iso me pareceu moi pouco corrente e á
vez interesante que nolo contase.
Samuel Villaverde Rey, 2º ESO B
sábado, 1 de abril de 2017
domingo, 15 de xaneiro de 2017
domingo, 4 de decembro de 2016
Retrincos de Castelao
O pasado luns 21 de novembro, o alumnado de 2º de Bacharelato e a ESA do noso instituto acudiu á Casa da Cultura de Ordes para asistir á representación teatral da obra Retrincos de Castelao, representada polos cómicos Isabel Risco e Fran Rei.
A partir da mirada de dous mortos, Pedro e Zeltia, de épocas, inquedanzas e idades moi diferentes, a obra propón un achegamento ao particular humor de Castelao, figura fundamental da nosa cultura e da nosa historia. No texto, de Diego Rey, teñen cabida cinco historias e unha ducia de debuxos dramatizados de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao a través dos cales se nos achega a súa enxeñosa e fascinante forma de ver a Galiza do seu tempo, ofrecéndonos un mosaico composto de retrincos dunha realidade galega atemporal que nos antecede e nos outorga raíces.
martes, 28 de xuño de 2016
venres, 17 de xuño de 2016
Homenaxe a Manuel María
O alumnado de 1º, 2º e 3º ESO homenaxeou a Manuel María a través da realización de comentarios, reinterpretacións e creacións artísticas inspiradas nos seus poemas. Con todos eles realizouse unha exposición de máis de 20 paneis que actualmente é visitable no edificio principal do instituto. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega tamén elaborou un libro de máis de 150 páxinas que recolle todas as achegas do alumnado e que podedes consultar na biblioteca
A continuación tedes unha mostra dos debuxos inspirados en diversos poemas do poeta a quen se lle dedican as Letras Galegas neste ano.
mércores, 25 de maio de 2016
mércores, 30 de marzo de 2016
venres, 22 de xaneiro de 2016
sábado, 16 de maio de 2015
Concerto de Superoito
Este venres 15 de maio, co gallo das Letras Galegas, veu actuar ao noso centro o grupo Superoito; grupo de rock bravú integrado por Iván Paderne (voz principal e guitarra), Xabi Sóñora (voz e baixo)e Glenn G. Carbajal (batería).Tanto Iván como Xabi son exalumnos do IES Nº1.
O grupo fundouse hai dous anos en Ordes e dende entón no paran de levar a súa música a todas as partes. Charlaron co alumnado sobre iso de "facer música en galego" e, para sorpresa de todos, comentaron que non teñen ningunha pexa cando actúan fóra do país, aínda que si que atoparon certos atrancos á hora de tocar nalgunha cidade galega!
E para lembrar unha das cancións que soaron no salón de actos, aquí tedes o video de youtube.
luns, 13 de abril de 2015
martes, 10 de marzo de 2015
mércores, 4 de xuño de 2014
Libro Colaborativo
Por fin podedes consultar na biblioteca o libro colaborativo elaborado polo alumnado da ESO do noso instituto! Moitas grazas a todas e todos os participantes.
Como sabedes, o libro iniciou a súa andaina no mes de febreiro co gallo da celebración do día de Rosalía e rematouna o 16 de maio, véspera da festa das nosas letras. Durante eses meses, os rapaces e rapazas da ESO seleccionaron poemas de autores e autoras galegos que lles gustaban para logo facer un comentario dos mesmos ou ben unha recreación plástica ou literaria. A algúns, a poesía escollida inspiroulles un debuxo ou caligrama; para outros, a creación dun relato propio. As diferentes achegas do alumnado participante recóllense no libro que podedes consultar ao final desta entrada. Tamén existe unha versión impresa na Biblioteca 1 do IES e nesta semana realizaremos unha exposición no corredor principal do edificio 1 para que toda a comunidade educativa poida acceder aos vosos traballos.
sábado, 24 de maio de 2014
Exposición sobre a Arquitectura Galega
Continuando cos actos culturais relacionados coas letras galegas que estamos a celebrar neste mes de maio, esta semana inaugurouse no centro unha pequena e sinxela exposición sobre arquitectura galega elaborada pola profesora de Ciencias Sociais Loli del Río en colaboración coa coordinadora do EDLG.
A exposición atópase no primeiro andar do edificio 1 e pretende facer un repaso sobre algunhas das construcións máis sobranceiras da nosa cultura. Os paneis clasifícanse en seis seccións: As Catedrais, Os Mosteiros, A Arquitectura da Morte, Edificios Senlleiros, Arquitectura Popular e "Feísmo". Constan de varias fotografías e pequenos textos informativos ao respecto.
Ademais da exposición física, fíxose unha versión dixital para que todo o mundo a poida visitar virtualmente a través deste blog. Aquí a tedes!
venres, 9 de maio de 2014
Documental e charla sobre a figura de Díaz Castro
O pasado 5 de maio, todo o alumnado da ESO do noso centro puido ver en primicia o documental O instante eterno, dirixido por Xosé Antón Cascudo, gran coñecedor da obra de Xosé María Díaz Castro e, coma el, veciño de Guitiriz.
O filme indaga nalgunha das constantes poéticas de Díaz Castro a través
de entrevistas con persoas vinculadas a esta figura, tanto amigos como
especialistas na súa obra. Ademais, afonda na xenealoxía emocional de
Nimbos a través de dous elementos fundamentais: a lingua e a paisaxe da
infancia.
Logo da proxección do documental, duns 35 minutos de duración, nunha sesión máis íntima os rapaces e rapazas de 4º da ESO puideron reflexionar co seu autor sobre a vida e a obra de Díaz Castro así como facerlle un lote de preguntas acerca do proceso de creación do documental.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



















