martes, 14 de xaneiro de 2014

GINKANA E TIRO DE CORDA

O último día de clase do 2013 celebramos no pavillón unha ginkana de cultura xeral e o xa coñecido campionato de tiro de corda. Pasámolo de marabilla!!!
O equipo de 1º de bacharelato B foi o flamante gañador da ginkana cultural.


Os vencedores do campionato de tiro de corda foron os alumnos e a alumna de 2º de Automoción

GAÑADORAS DO VI CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Este ano a participación no tradicional concurso de postais de Nadal foi moi numerosa como podedes ver nas seguintes fotos da exposición que se fixo con todas as tarxetas participantes.





As postais gañadoras foron as seguintes:

1ºPremio na categoría da ESO:         Maite Leonor Polanco Ybarra 
(1º ESO A)


2º Premio na categoría da ESO:              Yasmine Ouchane 
 (1º ESO A)



1º Premino na categoría de Bacharelato:     María Silveira Santamaría 
 (2º Bacharelato D)



2º Premio na categoría de Bacharelato:    Karina Mosquera Villaverde  
(1º Bacharelato C)




A entrega de premios tivo lugar na biblioteca do edificio 1 do instituto o recreo do venres 20 de decembro.


Encontro con Pepe Carreiro

A visión persoal da alumna de 3ºA Laura Rodríguez Muíño á visita que fixo ao noso centro o debuxante Pepe Carreiro

Entrevista Pepe Carreiro

xoves, 12 de decembro de 2013

O Apalpador

Para ir animando o nadal aquí tedes un simpático vídeo sobre unha figura mítica que cómpre rescatar.
O apalpador vén do Courel apapalparnos as barriguiñas e deixar algún agasallo.Daquela, quen precisa de Papá Noel tendo este personaxe tan divertido?

Bases do concurso de postais de Nadal



LEMBRÁMOSVOS QUE MAÑÁ VENRES 13 DE DECEMBRO NO RECREO 
FALLARASE O CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL



GRAZAS A TODAS E TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN

luns, 9 de decembro de 2013

Roteiro do Mercurín

Grazas Antón por amosarnos as marabillas que se agochan na contorna do noso centro e por resumir neste video unha saída que sempre lembraremos!!!