domingo, 9 de febreiro de 2014
Namora en galego...
Bases do concurso convocado polo Equipo de Dinamización Lingüística co gallo do San Valentín
mércores, 29 de xaneiro de 2014
Encontro con Andrea Maceiras
O luns 13 de xaneiro, visitounos a autora do libro O segredo do lagarto arnal, Andrea Maceiras.
Cando chegou fomos á biblioteca e uns compañeiros nosos presentárona mentres nós estabamos sentados e atendendo á presentación.
Despois, Andrea Maceiras e nós estivemos observando algunhas imaxes que ela tiña preparadas, falamos un pouco sobre o seu libro e sobre os lagartos arnais, tamén sobre personaxes da súa obra e sobre o acoso escolar. Andrea Maceiras díxonos de que trataba o libro, aínda que nós xa o sabiamos porque a profesora de Lingua Galega do instituto nos mandara ler o libro como lectura obrigatoria en 1º de ESO.
Estivemos falando e comentando aspectos do libro con Andra. Cando rematamos de falar e ver as imaxes nas que aparecían algunhas das otras obras que ela escribira, díxonos se queriamos facerlle algunha pregunta. Ao principio non lle preguntamos nada, pero despois algúns nenos fixéronlle unhas poucas. Cando ela rematou de respondelas, sentou na mesa do profesor da biblioteca e todos ou case todos nós puxémonos en fila para que Andrea nos asinase os nosos libros que case todos levamos alí con esa finalidade.
Alejandro Martínez Barbeito
1ºESO B
martes, 14 de xaneiro de 2014
CRITICAS LITERARIAS
J.Carlos Couselo de 1ºB recoméndanos os Megatoxos
E Noelia Sánchez de 2ºB As lágrimas de Shiva
E Noelia Sánchez de 2ºB As lágrimas de Shiva
GINKANA E TIRO DE CORDA
O último día de clase do 2013 celebramos no pavillón unha ginkana de cultura xeral e o xa coñecido campionato de tiro de corda. Pasámolo de marabilla!!!
O equipo de 1º de bacharelato B foi o flamante gañador da ginkana cultural.
O equipo de 1º de bacharelato B foi o flamante gañador da ginkana cultural.
Os vencedores do campionato de tiro de corda foron os alumnos e a alumna de 2º de Automoción
GAÑADORAS DO VI CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
Este ano a participación no tradicional concurso de postais de Nadal foi moi numerosa como podedes ver nas seguintes fotos da exposición que se fixo con todas as tarxetas participantes.
As postais gañadoras foron as seguintes:
1ºPremio na categoría da ESO: Maite Leonor Polanco Ybarra
(1º ESO A)
2º Premio na categoría da ESO: Yasmine Ouchane
(1º ESO A)
1º Premino na categoría de Bacharelato: María Silveira Santamaría
(2º Bacharelato D)
2º Premio na categoría de Bacharelato: Karina Mosquera Villaverde
(1º Bacharelato C)
A entrega de premios tivo lugar na biblioteca do edificio 1 do instituto o recreo do venres 20 de decembro.
Encontro con Pepe Carreiro
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
