sábado, 9 de xaneiro de 2016

Bases III Concurso Cartas de Amor

Bases Concurso Sobremesas Entroido

Actividades de fin de trimestre

Como todos os anos o último día de clase do 2015 celebrouse no centro a tradicional gincana de saberes e habilidades e a competición de tiro de corda.

As fotos destas actividades recóllense na seguinte presentación:

Postais gañadoras do concurso

 1ºPREMIO



2º PREMIO



3º PREMIO





Exposición de postais de Nadal





xoves, 11 de xuño de 2015

Exposición Caricaturistas Galegos

A finais do pasado mes de maio inaugurouse no noso instituto unha exposición sobre o mundo da caricatura en Galicia, elaborada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Xeografía e Historia.



 Organizada en sete paneis de gran formato, a exposición recolle unha breve biografía e  exemplos da obra gráfica realizada polos caricaturistas máis salientables do noso país:

                               CASTELAO                                 
DÍAZ PARDO
CARLOS MASIDE
LUIS SEOANE
SIRO LOPEZ
XAQUÍN MARÍN
CARICATURISTAS ACTUAIS:
GOGUE, DÁVILA, O CARRABUXO,
PINTO CHINTO











A través dela preténdese dar a coñecer unha faceta da normalización lingüística bastante descoñecida para a gran maioría do público como é o uso da nosa lingua no ámbito da crítica humorística da realidade política, social e cultural.
A exposición sitúase no relanzo do primeiro andar do edificio principal e será visitable até finais do presente curso escolar 2014-2015.

mércores, 3 de xuño de 2015

Portada gañadora do concurso de portadas para a revista escolar

Aquí tedes a que será a portada do próximo número da nosa revista escolar ParaÍsoParaNós.
A súa autora foi Tania Mosquera Castro, alumna de 2º de Bacharelato D.