mércores, 25 de maio de 2016
sábado, 21 de maio de 2016
Exposición co gallo do Centenario das Irmandades da Fala
Co gallo do centenario das Irmandades da Fala, fundadas o 18 de maio de 1916, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega elaborou unha pequena exposicións sobre a orixe, ideario e principais protagonistas desta institución, cuxo traballo resulta indispensable na galeguización plena da sociedade de principios do s.XX. Asemade, a súa reunión en Lugo en 1918 marca o fito fundacional do nacionalismo galego.
Os paneis poden visitarse no segundo andar do edificio principal do instituto até final de curso. Aquí tedes algúns deles...
mércores, 18 de maio de 2016
martes, 10 de maio de 2016
venres, 22 de abril de 2016
Asistencia ao teatro: Pelos na lingua
A obra, representada pola compañía Talía Teatro, é un divertido espectáculo-collage que fala en clave positiva da situación crítica que está vivir a lingua galega.
Pelos na lingua
vai destinado a todo o mundo, independentemente da
súa posición respecto á lingua: aos galego falantes, aos que non o son,
aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e
tomaron esa determinación, aos que non o falan porque non o saben falar
ben, aos que lles dá igual que se fale ou non, aos que pensan que o
galego debería ser a lingua universal, aos que pensan que debería ser o
inglés a lingua universal, aos que cren que a maioría dos galegos falan
castelán, aos que cren que a maioría dos galegos falan galego, a
políticos, a mestres, a alumnos, a actores, a actrices, a carpinteiros, a
carpinteiras, a todos e a todas. Ao mundo enteiro, independentemente da
súa lingua. Unha comedia, que dalgún xeito, podería considerarse a
segunda parte de Bicos con lingua. Pero non se trata dunha segunda parte
como unha continuación da liña argumental, senón que se está a
traballar o mesmo tema coa mesma estrutura, aínda que desta vez tratando
de darlle un enfoque distinto.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

