venres, 9 de maio de 2014

Teatro para reflexionar sobre o "problema do idioma"

Nesta semana que vén de rematar tivemos unha nova saída ao teatro. Nesta ocasión o alumnado de 2º e 3º da ESO xunto co de PCPI asistiron á representación da obra Bicos con Lingua, da compañía Talía Teatro. 

 O seu director, Avelino González, explica que a intención de Talía Teatro é provocar unha reflexión no espectador sobre as actitudes que mantén coa lingua e por iso as situacións que aborda a montaxe van desde pedir traballo a ligar, circunstancias tomadas da vida e que «pretenden darlle unha volta ás situacións para espertar a reflexión na conciencia dos espectadores, sen que por iso teñan que deixar de divertirse coa obra».



sábado, 26 de abril de 2014

INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO FASE I

Finalmente, logo de intercambiarmos cartas co alumnado de 3º da ESO o IES Miguel Ángel González Estévez de Carril, e crear un grupo de whatsapp... o próximo luns 28 de abril as rapazas e rapaces de 3º da ESO do noso instituto faremos de cicerones na visita que os nosos convidados van facer ao noso concello.
Aquí tedes toda a información sobre esta actividade.

Intercambio lingüístico from normalizacioniesn1orde

Agardemos que non chova porque imos compartir  varias horas percorrendo a ruta do río Mercurín.

luns, 21 de abril de 2014

O libro de Daniel Villasenín Martínez (2ºESO B)

CONCURSO PARA A PORTADA DA REVISTA DO CENTRO

Este ano, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e colaboración con Vicedirección convoca un concurso para seleccionar a imaxe da portada da revista ParaÍsoParaNós. Aquí tedes as bases...
 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

O libro de Paula Sánchez Basante (1ºESO A)

Coñecemos o Castro do Paraíso



O pasado xoves 10 de abril fixemos unha saída na contorna do noso instituto para coñecermos o chamado castro do Paraíso.
Tratábase de coñecer o noso patrimonio histórico máis inmediato, mais tamén de convivir durante unhas horas coas rapazas e rapaces do instituto Maruxa Mallo, o outro centro de educación secundaria do noso concello. De feito, a actividade estivo organizada conxuntamente por Alfredo Iglesias, profesor de Histoira no Maruxa Mallo, e Raquel Iglesias, profesora de Historia no IES Nº1. Ademais dáse a casualidade de que os dous son os coordinadores do Equipo de Dinamización da Lingua Galega nos seus respectivos centros.
Á actividade asistiron un total de 60 alumnos de 3º da ESO (alumnado do Maruxa Mallo) e de 4º da ESO (rapaces do noso instituto).
A pesar da constante choiva, pasámolo en grande e mesmo "asaltamos" o castro, como podedes comprobar no seguinte vídeo.



Aquí tedes máis fotos da actividade...