martes, 28 de abril de 2015
VISITA DE FRANCISCO CASTRO
O pasado xoves 16 de abril, o afamado escritor galego Francisco Castro veu visitar o noso centro.
Conversou co alumnado de 1º da ESO sobre o seu libro Chamádeme Simbad, no que se narra a relación entre Paulo e o seu avó, enfermo de alzéimer. Esta novela foi Premio Frei Martín Sarmiento 2011 na categoría de 1º e 2º da ESO e premio ao "mellor libro infantil 2009" concedido polos lectores da web Fervenzas Literarias.
Co alumnado de 3º da ESO falou da súa obra O segredo de Marco Polo, que nos traslada á Venecia do s.XIII para tratar o tema máis universal: o amor. Os personaxes principais son un xove
soldado, fillo do militar máis importante da cidade (un home dominante
que ten anulada a capacidade de decisión do seu fillo), e unha
principessa, Naia, fermosa e adorada por toda a cidade, sobriña do Dogo e
obrigada por este a un matrimonio de estado cun home que non quere e
nin sequera coñece.
Ao final da actividade, Francisco Castro asinou exemplares dos seus libros.
martes, 14 de abril de 2015
luns, 13 de abril de 2015
xoves, 19 de marzo de 2015
Textos das Cartas de Amor Gañadoras
Por fin podedes ler os textos correspondentes ás cartas de amor premiadas no concurso celebrado co gallo de San Valentín.
E aquí tedes as fotos das rapazas gañadoras na entrega dos vales-agasallo para ir ao cine!
E aquí tedes as fotos das rapazas gañadoras na entrega dos vales-agasallo para ir ao cine!
Charla sobre Linguas Minoritarias e Minorizadas
A charla foi impartida por Robert Neal Baxter, licenciado en Lingüística e Francés pola universidade de York (Reino Unido) e profesor de interpretación simultánea e consecutiva galego-inglés na facultade de Tradución e Interpretación da universidade de Vigo.
Neal fala inglés, francés, galego, catalán, galés, bretón, grego, alemán, chinés e noruegués, así como tamén algo de finés, turco e árabe. É polo tanto un gran coñecedor das linguas.
No seu discurso interactuou coa audiencia para coñecer que se entende cando se está a falar de linguas minoritarias e minorizadas, partindo do caso máis próximo ao alumnado: a situación do galego.
Insistíu no importante que é que as linguas con teoricamente "poucos falantes" conten cun estatus xurídico que as defenda para que poidan ser empregadas en condicións de igualdade respecto da lingua dominante.
Ao rematar a charla houbo unha quenda de preguntas nas que varios alumnos lle preguntaron pola súa experiencia persoal na Galiza, a lingua que máis lle custara aprender ou a organización da carreira de tradución e interpretación.
martes, 10 de marzo de 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
